José Grande Juncal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Grande Juncal
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor em Wikidata
Deiro, España Editar o valor em Wikidata
Mortexullo de 1967 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Deiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJosé de Diego Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Grande Juncal, nado en Deiro (Vilanova de Arousa) en 1887 e finado na mesma parroquia en xullo de 1967[1], foi un activista obreiro, traballador do mar, emigrante, escritor e mestre galego, tamén coñecido coma José de Diego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 19 anos emigrou á Arxentina, onde se formou e traballou durante dúas décadas. Foi expulsado do país polas autoridades debido á súa militancia en organizacións obreiras anarquistas.

De regreso na súa terra, ó tempo que traballaba coma mariñeiro mantivo actividades na defensa dos obreiros, tentando organizar un sindicato de traballadores do mar. Participou nun mitin de afirmación sindical en Cangas con Jaime Baello o 19 de xaneiro de 1936[2]. Tamén deu conferencias no Centro Cultural de Vilaxoán[3]. Isto fixo que logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fose denunciado polo párroco de San Miguel de Deiro e perseguido polos falanxistas da zona. Durante tres anos conseguiu evitar a súa detención e probable asasinato agochándose no monte, en faiados e casas abandonadas, contando co apoio dalgúns familiares, veciños e amigos.

Rematada a Guerra, puido acollerse á amnistía que perdoaba a vida ós inimigos do réxime que non tivesen delitos de sangue. Volveu traballar no mar ata que un accidente sufrido mentres cargaba un moble no teito dun autobús o deixou incapacitado dun brazo. A partir dese accidente exerceu de mestre, ensinando as primeiras letras ós nenos, labor pola que é recordado cunha placa na súa parroquia.

Recuperación da súa obra[editar | editar a fonte]

Durante un traballo para unha materia de bacharelato, Lucía Esperón Janeiro descubriu a figura e os escritos de José Grande; animada polo seu profesor, a estudante recompilou os textos biográficos, poemas e disertacións filosóficas que sobreviviran deste autor, publicándoos no seu libro A memoria dun mestre: José Grande Juncal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 26-7-1967, p. 11.
  2. El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 15.
  3. El Pueblo Gallego, 2-2-1936, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Esperón Janeiro, Lucía (2002): A memoria dun mestre: José Grande Juncal. Cambados: Asociación Candea.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]