Jorge Varela Rial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJorge Varela Rial
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor em Wikidata (122/123 anos)
Zas, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jorge Varela Rial, coñecido como Xorxe de Andregalla, nado en Zas en 1901, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrego. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Zas o 8 de xuño de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Compostela. Xulgado en Compostela por rebelión con José Ferreiro Pardiñas, Luís Cereijo Mosquera, Manuel Costa García, José Rodríguez Gómez e Manuel Díaz Mosquera o 19 de decembro,[2] foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. En xaneiro de 1938 foi xulgado na Audiencia Provincial da Coruña xunto con José Ferreiro Pardiñas, depositario do concello, acusados de apropiarse de 9.978,15 pesetas dos fondos municipais.[3]


Predecesor:
Manuel Romero Blanco
 
Alcalde de Zas
 
1936
Sucesor:
Maximino Montero Barreiro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 21-10-2001, p. L10.
  2. El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 28-1-1938, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]