John P. Meier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Paul Meier nado en 1942 en Nova York, é un historiador estadounidense, un dos máximos especialistas no estudo do Xesús de Nazaret histórico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade Gregoriana de Roma e no Instituto Bíblico da mesma cidade. É profesor da Universidade de Notre Dame. Adicado aos estudos bíblicos, realizou varias investigacións sobre o Evanxeo de Mateo. Acadou sona internacional, tanto entre eruditos como entre o gran público, coa publicación da súa obra en varios tomos titulada un Xudeu marxinal. Nova visión do Xesús Histórico. Neles abordou as raíces do problema e da persoa (Tomo I), Xoán o Bautista e Xesús, o Reino de Deus e os Milagres (Tomo II), os compañeiros de Xesús e os competidores (Tomo IV) e a Lei e o Amor (Tomo V).

A súa condición de sacerdote católico e de ex-presidente da Asociación Bíblica Católica non lle impediu soster opinións, na súa calidade de historiador e esexeta, que se afastan da doutrina tradicional da Igrexa Católica como a relativa aos irmáns carnais de Xesús.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The circle of the twelve. Did it exit during Jesus public ministry? (1997)
  • The debate on the resurrection of the dead. An incident from the ministry of historical Jesus? (2000)
  • A Marginal Jew (1991-2001)
  • The present state of the third quest for the historical Jesus. Loss and Gain (1999)
  • Reflections on Jesus-of-History research today (1991)