John Loudon McAdam
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Loudon McAdam, nado o 21 de setembro de 1756 en Ayr e finado o 20 de novembro de 1836 en Moffat, foi un célebre enxeñeiro escocés.
Traxectoria [editar]
Dedicou a súa vida á construción de estradas, área na que inventou un novo proceso que resultou na creación do macadán, unha superficie de pedra machucada apisonada lisa e dura, máis duradeira e con menos facilidade para embarrarse que os camiños de terra.
