Joaquín Rodríguez Barbeito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Rodríguez Barbeito
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata (121/122 anos)
As Neves, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Joaquín Rodríguez Barbeito, nado nas Neves cara 1902, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Factor do ferrocarril instalado en Arbo. Na República foi presidente da Sociedad de Oficios y Profesiones varias de Arbo y sus contornos.[1] Logo foi secretario da Casa do Pobo de Arbo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de setembro no calabozo de Arbo, pasou ao Lazareto San Simón e foi xulgado en Vigo por rebelión militar, resultando con sobresemento provisional. Enviado a un batallón disciplinario, despois pasou pola campo de concentración de Sans Marco de León e rematou na cadea da Coruña, de onde saíu en liberdade provisional o 18 de febreiro de 1939.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Delfina Gómez González e foi pai de Manuel Rodríguez Gómez.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 20-1-1932, p. 9.
  2. El Eco del Condado, 10-4-1929, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]