Joaquín Patricio Patiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Patricio Patiño
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Joaquín Patricio Patiño foi un sindicalista, mestre racionalista e librepensador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da agrupación socialista da Coruña en 1911, presidiu en 1913 a Sociedad de Profesiones Varias e participou no Centro de Estudios Sociales Germinal. De 1913 a 1914 dirixiu a escola racionalista Escuela Integral e de 1914 a 1917 a denominada La Luz. Foi colaborador habitual de La Voz del Obrero. Pasou un tempo recluído no manicomio de Conxo, de onde saíu grazas ás presións de Germinal. Foi o representante dos librepensadores coruñeses no mitin anticlerical de 1917. Instalou un quiosco na Coruña en 1918[1]. A comezos da República rexentaba unha academia na rúa da Falperra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Orzán, 28-3-1918, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]