Jets to Brazil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jets to Brazil
OrixeBrooklyn, Nova York,
Período1997 - 2003
Xénero(s)indie rock, emo
Selo(s) discográfico(s)Jade Tree Records
MembrosBlake Schwarzenbach
Jeremy Chatelain
Chris Daly
Brian Maryansky
Na rede
Bandcamp: jetstobrazil Last fm: Jets+to+Brazil Musicbrainz: 675ec992-a8e4-41f8-b28b-1aad0c8a9ad1 Songkick: 212101 Discogs: 138072 Allmusic: mn0000850693 Editar o valor em Wikidata

Jets to Brazil foi unha banda estadounidense de indie rock procedente de Brooklyn, Nova York. Foi fundada no ano 1997 por Blake Schwarzenbach (guitarra, teclados e voces) e Jeremy Chatelain (baixo). A banda publicou tres álbums de estudio antes de separarse en 2003.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Blake Schwarzenbach, antigo líder de Jawbreaker, e Jeremy Chatelain, exvocalista de Handsome, fundaron Jets to Brazil en 1997 cando Schwarzenbach mudouse a Nova York tras a dislución de Jawbreaker.[2] Os dous comezaron a traballar en gravacións de catro pistas axudados por caixas de ritmos ata que o antigo batería de Texas Is the Reason Chris Daly uniuse á banda e ficharon por Jade Tree Records. A orixe do nome do grupo é un póster que aparece no filme de 1961 Breakfast at Tiffany's.[3]

O primeiro álbum da banda, Orange Rhyming Dictionary, foi editado por Jade Tree Records en outubro de 1998[4] con éxito de crítica e público, seguido por unha longa xira con bandas como The Promise Ring. O seu segundo disco, Four Cornered Night, lanzouse en setembro do ano 2000 con recensións polo xeral positivas. Four Cornered Night foi o seu primeiro álbum en contar co novo guitarrista Brian Maryansky, anteriormente en The Van Pelt.[5] Con Maryansky no grupo Schwarzenbach puido encargarse tamén de tocar os teclados. En outubro de 2002, Jets to Brazil publicou o seu terceiro e derradeiro álbum, Perfecting Loneliness,[6] con recensións positivas.

No outono de 2003, menos dun ano despois do lanzamento de Perfecting Loneliness, a banda separouse por motivos non especificados.

En outubro de 2008 Schwarzenbach creou unha nova banda, The Thorns of Life, pero esta separouse en agosto de 2009. Pouco despois, Schwarzenbach uniuse ao batería de Against Me! Kevin Mahon e á baixista Caroline Paquita para formar Forgetters, que lanzou un álbum e creou o seu propio selo discográfico, Too Small To Fail Records. En 2017 Schwarzenbach reuniuse con Jawbreaker.[7]

Daly reuniuse con Texas Is The Reason para dous concertos no Irving Plaza en Nova York en novembro de 2006 e nunha xira de reunión de 2012 a 2013.[8]

O 25 de marzo de 2019, durante a parte de preguntas e respostas dunha proxección do documental de Jawbreaker Don't Break Down, Schwarzenbach respondeu unha pregunta sobre unha posible reunión de Jets To Brazil, dicndo que podería suceder algún día pero que nese momento estaba centrado en Jawbreaker.[9]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Orange Rhyming Dictionary 1998 Jade Tree Records
Four Cornered Night 2000 Jade Tree Records
Perfecting Loneliness 2002 Jade Tree Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jets To Brazil". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-22. 
  2. "Jets to Brazil reviews, music, news - sputnikmusic". www.sputnikmusic.com. Consultado o 2022-07-13. 
  3. Ashare, Matt (abril de 1999). "Nothing rhymes with orange". CMJ New Music Monthly. 
  4. "Orange Rhyming Dictionary, by Jets to Brazil". Jets to Brazil (en inglés). Consultado o 2022-07-13. 
  5. "Four Cornered Night, by Jets to Brazil". Jets to Brazil (en inglés). Consultado o 2022-07-13. 
  6. "Perfecting Loneliness, by Jets to Brazil". Jets to Brazil (en inglés). Consultado o 2022-07-13. 
  7. "Jawbreaker Reunite After 21 Years for Riot Fest 2017". Pitchfork (en inglés). 2017-04-19. Consultado o 2022-07-13. 
  8. Heisel, Scott HeiselScott. "Exclusive Interview: Texas Is The Reason's Norman Brannon on the band reuniting". Alternative Press Magazine (en inglés). Consultado o 2022-07-13. 
  9. Pearis, Bill PearisBill. "Jawbreaker documentary screening @ Nitehawk Prospect Park w/ band Q&A". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2022-07-13.