Jessica Alba
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Jessica Marie Alba, nada o 28 de abril de 1981[1] en Pomona (California), é unha actriz estadounidense.
Traxectoria [editar]
Comezou a actuar aos trece anos, aparecendo en Camp Nowhere e The Secret World of Alex Mack (1994), porén fíxose coñecida grazas á serie de televisión Dark Angel (2000–2002) onde interpreta á protagonista Max Guevara. Posteriormente apareceu en varios filmes como Honey (2003), Sin City (2005), Fantastic Four (2005), Into the Blue (2005), Fantastic Four: Rise of the Silver Surfer e Good Luck Chuck ambos os dous de 2007.
Alba está considerada un sex symbol e frecuentemente atrae a atención dos medios, adoita aparecer na sección "Hot 100" da revista Maxim e AskMen.com votouna como número un das "99 mulleres máis desexadas" en 2006, sendo tamén a "A muller máis sexy do mundo" segundo FHM en 2007. Así mesmo, foi portada da revista Playboy. Entre os premios que recibiu están o Teen Choice, o Saturn, e unha nominación aos Golden Globe polo seu papel en Dark Angel.
Notas [editar]
- ↑ "Jessica Alba:Biography on MSN". MSN. 2008. http://movies.msn.com/celebrities/celebrity-biography/jessica-alba/. Consultado o 20 de outubro de 2010.