Jeseník

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeseník
Flag of Jesenik.svg Jeseník CoA CZ.svg
Bandeira Escudo
Mapa
Location of Czech city Jesenik.png
Información
País Flag of the Czech Republic.svg República Checa
Superficie 38,22 km2
Poboación 12.510 (2.10.2006)
Densidade 327 h/km²
Alcalde Petr Procházka
Casa do Concello de Jeseník nun día de invernoCasa do Concello de Jeseník nun día de inverno
Páxina oficial:http://www.jesenik.org/

Jeseník (até 1947 Frývaldov, en alemán Freiwaldau) é unha cidade da nación histórica de Silesia, centro do distrito do mesmo nome, situada na Rexión de Olomouc na República Checa.

Historia (cronoloxía)[editar | editar a fonte]

Vista xeral de Jeseník
  • 1267 Período de colonización da rexión. O primeiro rexistro escrito que recolle o nome da cidade, daquela coñecida como "frei vom Walde" (en galego "libre do bosque") remóntase a este ano. Primeiros intentos de extracción mineira dos metais preciosos abundantes na zona.
  • Principios de 1500 A familia Fugger de Augsburgo merca a cidade. Neste período a minería experimenta o seu momento máis próspero.
  • 1506 O Bispo Jan Thurzó concede á cidade o dereito de empregar o escudo que representa unha aguia de ás estendidas, símbolo da Silesia, e un oso pardo sobre herba verde.
  • 1547 Esgótanse as minas de ouro. A familia Fugger vende a cidade de volta aos Bispos de Wroclaw.
  • 1622-1684 Após a derrota da nobreza protestante Checa en 1621 contra os católicos alemáns, a Inquisición comeza os seus primeiros ensaios, onde a xente, especialmente as mulleres, é acusada de bruxaría e queimada viva, como medio para eliminar os protestantes.
  • 1742 Logo de dous anos de guerra entre o Imperio Austrohúngaro e Prusia, Prusia resulta gañadora , rematando na "Paz de Wroclaw" que divide Silesia en dúas partes. Prusia fica con 40.000 km2 e 5.000 km2 permanecen baixo control austrohúngaro. Este feito ten un impacto negativo no desenvolvemento industrial de Jeseník debido á nova fronteira que separa Jeseník da súa principal cidade, Wroclaw en Polonia.
  • Principios de 1800 Chega a industria termal, Vinzenz Priessnitz (1799-1851) desenvolve a primeira institución termal do mundo[Cómpre referencia]. O balneario popularízase entre nobreza.
  • 1881 Fúndase a Mährisch-Schlesische-Sudetengebirgsverein MSSGV[1] (Asociación da Montaña dos Sudetes Moravo-Sileso) e pasa a desenvolver o turismo na rexión a través da construción de chalés de montaña, camiños e torres de observación nas montañas Jeseníky.
  • 1913 Inaugurase unha escola técnica secundaria marcando un desenvolvemento en educación.
  • 1938 A rexión de Jeseníky é ocupada pola Alemaña nazi a través dunha anexión sen guerra.
  • 1996 Despois de 36 anos de integración na rexión Šumperk, restabelécese o distrito administrativo independente de Jeseník, sendo esta cidade a capital do mesmo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A MSSGV chega aos nosos días. Ver páxina da ASSGV (en alemán) http://www.mssgv.de/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]