Jesús Vieiro Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Vieiro Gómez
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata (121/122 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Vieiro Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1902, foi un latoeiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Latoeiro que desenvolveu a súa actividade no Sindicato Metalúrgico de Santiago. Aliñado no sector moderado do obreirismo compostelán, estaba vinculado ao Partido Sindicalista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité da Frente Popular e foi detido nos primeiros días. Puxérono en liberdade o 28 de agosto por erro. Agochouse baixo unha corte onde estivo, atendido polos correlixionarios, até 1945. Volveu á actividade cara 1946, como vogal da Federación Local de Santiago na Clandestinidade. Detido en 1947, foi xulgado por actividades subversivas e condenado a cadea perpetua. Cumpliu condena na Prisión Provincial de Pontevedra, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1950.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Pastora Domínguez Costa en decembro de 1945.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE, 5-3-1950, p. 1033.
  2. El Correo Gallego, 15-12-1945, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]