Jerónimo Rodríguez Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Tomiño, España |
Morte | 28 de xaneiro de 1937 (29/30 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empregado , político |
Lingua | Lingua castelá |
José Gerónimo Rodríguez Rodríguez, coñecido como Jerónimo Rodríguez, nado en Tomiño cara a 1907 e finado en Vigo o 28 de xaneiro de 1937, foi un empregado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Anarquista, veciño de Goián. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Tui, onde coincidiu con Benito Prieto Coussent que lle fixo un retrato. Procesado na causa 1350/36 polo delito de rebelión, foi xulgado en Vigo o 7 de xaneiro de 1937.[1] Condenado a pena de morte, foi executado en Vigo, ás 11 horas do 28 de xaneiro de 1937, con Eliseo Estévez Álvarez e Maximino Rodríguez Lago,[2] nas proximidades do cuartel do Monte do Castro.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Foi pai de Argentina Rodríguez Vicente.