Jeffrey Lynn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJeffrey Lynn

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1909 Editar o valor em Wikidata
Auburn, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de novembro de 1995 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Burbank, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBates College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , actor de cinema , actor de teatro , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1938 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorWarner Bros. Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarcaptain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRobin Chandler Duke (1946–1958)
Premios

IMDB: nm0528705 Allmovie: p43989 IBDB: 89569
Find a Grave: 5997601 Editar o valor em Wikidata

Ragnar Godfrey Lind, máis coñecido polo seu nome artístico Jeffrey Lynn, nado o 16 de febreiro de 1909 en Auburn, Massachusetts, e finado o 24 de novembro de 1995, foi un actor estadounidense.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e primeiros éxitos[editar | editar a fonte]

Antes de se dedicar á actuación, Lynn foi mestre de escola. Comezou a súa carreira cinematográfica en Hollywood debutando na película Out Where the Stars Begin en 1938. Ese mesmo ano acadou un éxito notábel actuando xunto ás Lane Sisters na película Four Daughters, rodando tres secuelas da mesma, dúas en 1939 (Daughters Courageous e Four Wives) e Four Mothers (1941), repetindo papel en todas elas. Tras ese éxito de Four Daughters, Lynn pasou unha proba de cámara para o papel de Ashley Wilkes en Foise co vento (1939). Lynn tiña un grande parecido físico co personaxe da obra e interpretou a Ashley mentres duraban as probas de pantalla para a actriz adecuada para interpretar a Scarlett O'Hara. Porén, David O. Selznick finalmente escolleu o máis famoso e experimentado Leslie Howard.


Tamén en 1939, Lynn protagonizou The Roaring Twenties, obtendo excelentes críticas, O filme reuniuno coa estrela de Four Daughters, Priscilla Lane, xunto a Humphrey Bogart e James Cagney. Ese éxito continuou con películas como The Fighting 69th (1940, na que interpretou ao poeta e soldado Joyce Kilmer), It All Came True (1940), All This and Heaven Too (1940) e Million Dollar Baby (1941).

Parón na Segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

A súa carreira cinematográfica viuse interrompida polo comezo da guerra, e cando volveu á pantalla en 1948 xa non puido recuperar a súa antiga condición, aínda que traballou en Carta a tres esposas (1949), con relativo éxito. Porén, na década de 1960 conseguiu actuacións destacadas en Butterfield 8 (1960) e Tony Rome (1967).

Teatro e TV[editar | editar a fonte]

Na pequena pantalla, traballou nos anos cincuenta en series como Robert Montgomery Presents, Your Show of Shows, My Son Jeep (co novo actor Martin Huston ) e Lux Video Theatre. Tamén traballou como actor de teatro, participando en espectáculos do circuíto de Broadway como Lo and Behold! (1952), Any Wednesday (1966) e Dinner at Eight (1967).

Anos finais[editar | editar a fonte]

Tras o inicio do declive da súa carreira artística, particularmente nos anos cincuenta, Lynn dedicouse ao negocio inmobiliario, relegando a súa actividade como actor a un segundo mandato.

A súa última actuación foi como estrela convidada en Murder, She Wrote en 1987, unha secuela televisiva da longametraxe Strange Bargain (1949), na que se reencontraba coa súa antiga compañeira de elenco Martha Scott.

Jeffrey Lynn faleceu en Burbank, California, en 1995, por causas naturais aos 86 anos. Foi enterrado no cemiterio Forest Lawn Memorial Park en Hollywood Hills, California.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "About: Jeffrey Lynn". dbpedia.org (en inglés). Consultado o 2022-07-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]