Jeanne (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeanne
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 19,4 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 40,1° N 331,5° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome Nome francés feminino de pila .[1]

Jeanne é un cráter de impacto da superficie do planeta Venus, situado exactamente nas coordenadas 40,1° N 331,5° E[1] O seu trazo máis característico é a forma triangular que ten o material expulsado do cráter, o que indica que probablemente o impacto fose oblicuo, cunha dirección suroeste-nordeste. O cráter está rodeado por dous tipos de materiais escuros. A área escura do suroeste está cuberta por uns suaves mantos de lava escura ó radar que están moi mesturados cos regueiros brillantes dos arredores. Por outra banda, a área moi escura que está cara ó nordés está cuberta cun material moito máis fino, posiblemente sedimentos de gran fino. Este halo escuro é moi asimétrico, imitando así ó material expulsado durante o impacto. Este halo escuro puido se-lo resultado do 'shock' atmosférico ou da onda de presión que se produciu cando meteorito penetraba na parte baixa da atmosfera. Estas estruturas en forma de regueiros puidéronse formar polo material de gran fino expulsado do cráter e transportado por nubes turbulentas de gases, que se formaron xusto despois do impacto que orixinou o cráter. Tamén cabe a posibilidade de que se formasen polo fundido de rochas debido ó calor xerado polo impacto.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Jeanne on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 12-12-2011. 
  2. JPL/NASA (ed.). "PIA00472: Venus - Impact Crater 'Jeanne'". Consultado o 12-12-2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]