Iván Alonso Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIván Alonso Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Ponferrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de León Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , enxeñeiro forestal Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCoalición por El Bierzo
Partido de El Bierzo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Iván Alonso Rodríguez, nado en Ponferrada o 6 de decembro de 1978, é un político berciano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou enxeñería técnica forestal na Universidade de León e na Universidade Católica de Ávila[1]. Entrou a militar de novo no bercianismo, e máis en concreto nas Juventudes Regionalistas do Partido de El Bierzo e logo foi secretario de organización do PB e o 29 de xaneiro de 2005 o seu partido elixiuno secretario xeral[2].

En 2015 foi un dos impulsores da entrada do seu partido en Coalición por El Bierzo para concorrer ás eleccións municipais dese ano. Iván Alonso encabezou a lista de CB en Ponferrada e logrou acta de concelleiro e fíxose cargo da concellería de medio rural e no período 2015-2019 foi vicepresidente do Consello Comarcal do Bierzo.

Iván Alonso converteuse en secretario xeral de Coalición por El Bierzo en 2018 logo de se constituír en federación de partidos políticos e o ano seguinte volveu de novo liderar a lista de CB, outra volta entrou na corporación e retivo a concellería de medio rural. En 2020 CB cambiou a súa estrutura e deixou de ser un partido presidencialista, polo que Iván Alonso como secretario xeral converteuse no líder da formación[3].

Notas[editar | editar a fonte]