Isabel de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isabel de Dinamarca

Isabel de Dinamarca, nada o 25 de agosto de 1573 e finada o 19 de xuño de 1626), duquesa consorte de Brunswick-Lüneburg logo do seu casamento co duque Henrique Xulio de Brunswick-Lüneburg e tras a morte deste, foi rexente de Brunswick-Lüneburg de 1616 a 1622.

Traxectoria [editar]

Era a filla máis vella do rei Federico II de Dinamarca e de Sofía de Mecklenburg-Güstrow, educouse cos seus avos maternos durante os seus primeiros anos e volveu a Dinamarca en 1579. Os embaixadores escoceses pensaron nela como dona do rei Xaime VI de Escocia, pero o rei Federico acabou concedéndolle a súa man ao duque de Brunswick, prometendo aos escoceses, a súa segunda filla, Ana.

Casou en 1590 co duque Henrique Xulio e tivo dez fillos:

Despois da morte do seu home en 1613, sucedeulle o seu fillo, Federico Ulrico, pero debido á súa falta de forza para gobernar Isabel tomou a decisión de arredalo do goberno coa axuda do seu irmán, o rei Cristián IV de Dinamarca asumindo ela mesmo a rexencia.