Ipiales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIpiales

Localización
Mapa
 0°49′44″N 77°38′26″O / 0.8289, -77.6406Coordenadas: 0°49′44″N 77°38′26″O / 0.8289, -77.6406
EstadoColombia
DepartamentosNariño Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación169.864 (2024) Editar o valor em Wikidata (99,51 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.707 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Guáitara Editar o valor em Wikidata
Altitude2.900 m Editar o valor em Wikidata
Creación1581 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webipiales-narino.gov.co Editar o valor em Wikidata

Ipiales é un concello colombiano que se atopa no departamento de Nariño. Atópase sobre a fronteira con Ecuador; no Nó dos Pastos, no altiplano andino; relativamente preto da costa do océano Pacífico (aproximadamente a 5 horas en bus), ó pé de monte amazónico e á liña equinoccial; sendo unha rexión panamazónica.

A cidade e a municipalidade forman parte da conurbación binacional Tulcán-Ipiales onde viven 196.630 habitantes, aínda que estes datos poderían ser máis elevados xa que a cifra dada para o conello de Ipiales corresponde ó censo 2005 e a do cantón de Tulcán do censo 2010. Segundo estimacións para o 2012 a poboación de ambas as cidades aglomeradas é de ao redor de 260 000 de habitantes, e é por tanto a área metropolitana fronteiriza máis poboada da fronteira ecuatoriana e a segunda máis poboada de fronteiras colombianas; tendo Ipiales para o ano 2016 unha poboación estimada de 141 863 habitantes aproximadamente segundo as proxeccións do DANE.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Ipiales, orixinalmente Piales, daquela Ipiales. O nome da cidade provén do cacicado Ipial, pertencente á etnia dos pastos. Á invasión dos incas a esta comarca, e posteriormente dos españois, que xa atoparon asentamentos organizados, susténtano os achados precolombinos, corroborándoo por escrito o cronista Pedro Cieza de León en 1545.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A lectura coidadosa da voluminosa cerámica e ourivaría atopada nas tumbas funerarias, nos pictógrafos e petróglifos dos Pastos. Biblioteca Rexional, Museo do Ouro, Banco da República, Pasto; e coleccións particulares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]