Investimento parental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na bioloxía evolutiva, o investimento parental fai referencia a calquera esforzo (investimento de tempo, enerxía etc.) que beneficia ás crías á conta de que os pais invistan noutros compoñentes para o seu benestar (Clutton- Brock 1991: 9; Trivers 1972). Os compoñentes deste benestar inclúen a saúde das crías, as reproducións futuras dos pais e o benestar que reciben os pais. O investimento parental non ha de confundirse co coidado ou esforzo por parte dos pais.

Este potencial efecto negativo do investimento materno foi explicitamente formalizado por Trivers (1972), quen orixinariamente definiu o termo investimento materno para referirse a calquera investimento por parte do proxenitor que aumentase as posibilidades de supervivencia da cría (e por tanto, o éxito na reprodución) en detrimento da capacidade dos pais para con outra cría.

Clutton-Brock (1991) espallou o concepto de investimento materno para incluír os custos de calquera elemento para o benestar.

A teoría de Robert Trivers do investimento materna predí que os sexos que invisten máis na lactación, nutrición e protección das crías, serán máis perspicaces no apareamento, e os sexos que invisten menos nas crías competirán por chegar a un investimento sexual máis alto.

As diferenzas entre sexos no esforzo dos pais son importantes á hora de determinar a forza da selección natural.

A reprodución é custosa. Os individuos están limitados a aquilo ao que poden dedicar tempo e recursos para criar e facer medrar ás súas crías, e tal esforzo pode ser determinante para as súas condicións de futuro, supervivencia e futuras actividades reprodutivas. Con todo, tal esforzo é tipicamente beneficioso para as crías, aumentando así o seu éxito en canto a condicións de vida, supervivencia e reprodución. Estas diferenzas poden levar a un conflito entre os pais e mailas crías.

O investimento materno pode ser proporcionado pola nai (coidado unilateral materno), o pai (coidado unilateral paterno) ou por ambos os dous (coidado bilateral).

Os pais son seleccionados, de xeito natural, para aumentar as diferenzas entre os beneficios e os custos e o coidado paterno tende a aparecer cando os beneficios son substancialmente maiores cós custos.

O coidado dos pais atópase nunha ampla gama de grupos taxonómicos, entre os que se inclúen os ectotérmicos (invertebrados, peixes, anfibios e réptiles) e os endotérmicos (aves e especies mamíferas).

O coidado pode ser proporcionado en calquera etapa da vida da cría: o coidado antes do nacemento inclúe comportamentos tales como a protección dos ovos, o acondicionamento do niño, o transporte das crías, a incubación e o alimento a través da placenta en mamíferos, e o coidado despois do nacemento, que inclúe as provisións alimenticias e a protección das crías.

Posto que tanto o pai como a nai atravesan varios combates na reprodución ao longo da súa vida, agárdase que os pais muden os beneficios do investimento das crías en prol dos custos de reproducións futuras. Particularmente, os pais necesitan equilibrar as demandas das crías en detrimento do seu propio mantemento.

Os beneficios do investimento materno son grandes, e asócianse aos efectos das condicións, o crecemento, a supervivencia, e na derradeira instancia, ao éxito reprodutivo das crías. Con todo, estes beneficios aparecen á conta da capacidade dos pais de reproducirse no futuro debido, por exemplo, ao risco que corren cando se defende ás crías dos depredadores, a perda de oportunidades de apareamento mentres se cría aos fillos e un aumento do tempo na reprodución.

En conxunto, os pais son seleccionados para aumentar a diferenza entre os beneficios e os custos, e o coidado paterno é máis probable que evolucione cando os beneficios sexan máis altos cós custos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bateman, A. J. 1948. Intra-sexual selection in Drosophila. Heredity 2: 349-368.
  • Beatty, John. 1992. "Fitness: theoretical contexts," in Key Words in Evolutionary Biology. Edited by EF Keller and EA Lloyd, pp. 115–9. Cambridge, MA: Havard Ou.Press.
  • Clutton-Brock, T.H. 1991. The Evolution of Parental Care. Princeton, NJ: Princeton U. Press.
  • Clutton-Brock, T.H. and C. Godfray. 1991. "Parental investment," in Behavioural Ecology: An Evolutionary Approach. Edited by J.R. Krebs and N.B. Davies, pp. 234–262. Boston: Blackwell.
  • Hamilton, W.D. 1964. The genetical evolution of social behavior. Journal of Theoretical Biology 7:1-52.
  • Trivers, R.L. (1972). Parental investment and sexual selection. In B. Campbell (Ed.), Sexual selection and the descent of man, 1871-1971 (pp. 136–179). Chicago, IL: Aldine. ISBN 0-435-62157-2