Intervention
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Intervention | |
|---|---|
| Formato | telerealidade |
| Duración | 43 minutos |
| Creado por | Sam Mettler |
| Presentado por | Jeff VanVonderen Candy Finnigan |
| Cadea | A&E Network |
| Día da estrea | 6 de marzo de 2005 |
| Número de temporadas | 9 |
| Número de episodios | 127 |
| Páxina web oficial | |
Intervention é un programa de televisión estadounidense de telerealidade que trata sobre a vida cotiá de adictos.
Desenvolvemento[editar]
Cada programa segue a un ou dous participantes con problemas de adicción ou outra desorde mental ou física e que cren que están a gravalos para un documental sobre o seu problema, cando en realidade as cámaras actúan como documentación para a intervención da familia e/ou amigos. Cada un dos participantes ten que elixir entre a rehabilitación inmedita ou o risco de perder o contacto, os cartos ou outros tipo de privilexios cos que instigaron a intervención. Os produtores normalmente seguen a súa evolución nos meses seguintes para monitorizar o progreso ou retroceso e amosalo noutros programas ou na web do programa.
Intervencionistas[editar]
En cada programa interveñen principalmente os adictos, a súa familia e o seu círculo de amigos pero tamén os intervencionaistas que son os encargados de dirixir a intervención. Orixinalmente no programa interviñan de xeito regular tres especialistas: Ken Seeley, antigo adicto á metanfetamina e fundador de Intervention-911, un servizo especializado en intervencións para adictos, Jeff VanVonderen, antigo ministro protestante e exalcohólico que se converteu en intervencionista profesional e Candy Finnigan, antiga adicta que se converteu en intervencionista. VanVonderen deixou o programa na quinta tempada logo de admitir que recaera na adicción pero volveu á tempada seguinte. Ken Seeley deixou o programa na oitava tempada.