Iniciativa lexislativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase iniciativa lexislativa á potestade que constitucionalmente atribúese a un ou máis órganos dun Estado ou territorio para iniciaren o procedemento de trámite de forma válida que culmine na aprobación, modificación ou derrogación dunha lei.

A Iniciativa Lexislativa correspóndelle efectuala ao Goberno, manifestada a través do Proxecto de Lei polo Congreso e o Senado e por último levado a cabo polas Cámaras de acordo coa Constitución e os seus Regulamentos.

Órganos con iniciativa lexislativa[editar | editar a fonte]

Na maioría dos países, a iniciativa lexislativa correspóndelle ao Parlamento ou ao Congreso ou ben a outro órgano como ao xefe de estado ou ao goberno...

Con todo, os diferentes ordenamentos teñen regulados mecanismos de iniciativa variados que poden permitir a outros órganos constitucionais posuír iniciativa lexislativa. Tamén se regula en moitos países a iniciativa popular, que xorde dos propios cidadáns.

Tipos de iniciativa lexislativa[editar | editar a fonte]

  • Inicativa lexislativa única: Dáse naqueles sistemas onde soamente ten a iniciativa lexislativa o órgano que ten á súa vez atribuído o poder lexislativo, e só este pode inciar o procedemento. Nos sistemas de bicameralidade do congreso ou parlamento, adoita corresponder a senllas cámaras por igual.
  • Iniciativa lexislativa compartida: É aquela na que, ademais do poder lexislativo, a iniciativa pode partir doutros órganos de goberno.
    • Xunto ao poder executivo: Neste caso, ademais do poder lexislativo, o poder executivo, xeralmente o xefe de goberno, pode propor unha norma con rango de lei, xa sexa as ideas matrices ou un artigo específico, e que sexa tramitada polo Congreso ou Parlamento.
    • Xunto a outros órganos: Neste caso, que pode ser compatible co anterior, atribúese a iniciativa tamén a outros órganos púbicos, como as Asembleas Lexislativas dos Estados dunha Federación, ou á propia acción popular. Tamén pode existir iniciativa limitada, concedida a certos órganos do Estado en materias específicas, por exemplo, a que se outorga á Corte Suprema nalgúns países, en temas relativos á administración de xustiza.

En calquera das fórmulas, a iniciativa lexislativa adoita necesitar de certos requisitos para considerala válida: mínimo de membros do Parlamento, Congreso ou da cámara (alta ou baixa) que a incoen; consonte ao Consello de Ministros no seu caso; resolución maioritaria favorable das Asembleas Lexislativas dos estados federados ou número mínimo de cidadáns que a apoien. En ocasións tamén a ulterior tramitación lexislativa pode ser algo diferente segundo o órgano do que parta a iniciativa.