Inflatoplano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O inflatoplano foi un avión experimental inflábel deseñado pola empresa estadounidense Goodyear. Aínda se pode ser contemplar no museo da aviación militar de Alabama.

Recentemente retomouse esta idea,[Cómpre referencia] combinándoa con novos materiais intelixentes, permitindo a concepción de ás inflabeis que poden variar a súa forma e tamaño para axeitar as súas propiedades aerodinámicas ás necesidades de cada momento.

Outra liña de investigación inclúe o uso de materiais que mediante certas reaccións fisico químicas poden pasar de ser flexíbeis a ríxidos, permitindo así que o avión, unha vez inflado, poida converterse en ríxido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]