Infinitivo conxugado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O infinitivo conxugado, infinitivo persoal ou infinitivo flexionado, é unha das características máis orixinais do galego-portugués (aínda que existen formas similares no napolitano do século XV e vestixios no leonés antigo, o que, xunto coa influencia do portugués, pode explicar a súa presenza no mirandés).[1]
O infinitivo conxugado fórmase engadindo ao infinitivo impersoal as desinencias -, -es, -, -mos, -des, -en (as cales coinciden coas do futuro de subxuntivo, agás nos verbos irregulares):
- cantar
- cantares
- cantar
- cantarmos
- cantardes
- cantaren
Algúns exemplos do uso do infinitivo conxugado:
- Ai, morte, canto xa tardas en me levares contigo!
- Vou pola pelota para xogarmos.
- Ao estaren tan contentos, eu marchei caladiño para a cama.
- Para estarmos todos na xunta do sábado, é mellor enviar unha carta aos socios.
[editar] Notas
- ↑ Ver Bibliografia: Joseph-Marie Piel nota 53
[editar] Bibliografia
- Joseph-Marie Piel | A flexión verbal en portugués Estudo de morfoloxía histórica