Inas al-Saqa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaInas al-Saqa (يناس الءساقا)
Biografía
Nacemento1970
Morte31 de outubro do 2023
Gaza
Datos persoais
País de nacionalidadePalestina
EducaciónUniversidade de Al-Quds
Actividade
OcupaciónDramaturga, actriz, docente
Período de actividadeSéculo XX e XXI
Xénero artísticoDrama
LinguaÁrabe
Familia
FillosLeen, Sara, Ibrahim, Farah e Rita


Inas al-Saqa (árabe: يناس الءساقا), nada no 1970 e finada o 31 de outubro do 2023 en Gaza, foi unha dramaturga, actriz, e profesora palestina especializada no teatro infantil.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inas al-Saqa graduouse en Servizos Sociais pola Universidade de Al-Quds.[1] Durante esta etapa, comezou a súa actividade no mundo do teatro.[1] Tamén actuou en diversos filmes.[2] Foi profesora de teatro, e impartiu campamentos de teatro para nenos.[2]

Inas al-Saqa foi asasinada nun ataque israelita durante o conflito do 2023, xunto con tres dos seus fillos, Leen, Sara e Ibrahim.[2] Os seus outros dous fillos, Farah e Rita, foron feridos de gravidade.[2] A escritora atopábase no apartamento dunha amiga, ao que se trasladara coa súa familia tras abandonar unha igrexa ortodoxa na que estaban refuxiados.[2] Nunha publicación de Facebook do 27 de agosto do mesmo ano, escribira que "ás veces volves a vista atrás, cara o teu pasado, e só descobres que sobreviviches a unha masacre".[2][3]

Obra[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Inas al-Saqa escribiu e dirixiu numerosas obras de teatro, entre as que destacan O oso, Mulleres de Gaza e Todo vai ben.[1] Tamén organizou campamentos de verán para nenos palestinos, dedicados á representación teatral.[2]

Cinema[editar | editar a fonte]

Inas al-Saqa participou como actriz na celebrada película Sara (2014), dirixida por Khalil al-Muzayen.[1][2][4] O filme versa sobre a temática dos asasinatos de honra no mundo árabe.[2] Tamén actuou n'O pardal da patria, de Mustafa al-Nabih, unha largometraxe sobre a Nakba do 1948, e sobre a ocupación israelita de Gaza e Cisxordania no 1967.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "They Are Not Just Numbers: Who Was Palestinian Artist Inas Al Saqqa & What Was Her Impact?". MSN. Consultado o 22/12/2023. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Friends remember Inas al-Saqa, one of Gaza’s celebrated actors and playwrights". Middle East Eye (en inglés). Consultado o 2023-12-22. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "These are the poets and writers who have been killed in Gaza.". Literary Hub (en inglés). 2023-12-21. Consultado o 2023-12-22. 
  4. Mozian, Khalil al. "Sara". Consultado o 2023-12-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

[editar | editar a fonte]