Illa Padang, Sumatra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
padang
Pulau Padang
Padang en Indonesia
Padang
Padang
Localización da illa
Situación
País Indonesia
ArquipélagoIllas Riau, Illas maiores da Sonda
MarEstreito de Malaca, no océano Índico
Coordenadas1°09′N 102°21′L / 1.150, -102.350Coordenadas: 1°09′N 102°21′L / 1.150, -102.350
Xeografía
Xeoloxíailla continental
Superficie1.109 km²
Longura máxima60 km.
Largura máxima29 km.
Perímetro154´6
Demografía
CapitalBelitung Teluk
Poboación42.118 hab.

Illa Padang (en Indonesio:Pulau Padang) é unha illa de Indonesia na costa leste de Sumatra, localizada no estreito de Malaca.

Cunha superficie duns 1109 km²[1] é a terceira illa máis grande do seu grupo tralas illas Rantau e Rupat, das que está separada por só uns poucos quilómetros de largo. Padang atópase ao oeste de Sumatra, tendo á illa Merbau ao sueste e ás illas Rantau e Bengkalis ao norte. Padang en dirección de norte a sur, posúe 60 km de longo, e 29 km de largo e é de superficie plana por completo.

Administrativamente, a illa pertence ao distrito de Padang (Kabupaten) da provincia de Riau, en 2010 tiña 42.118 habitantes. as 15 vilas están situadas preto da costa. A capital é Belitung Teluk.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "UNEP Islands". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]