Illa Melchor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Melchor
Illa Melchor en Chile
Illa Melchor
Illa Melchor
Localización da illa
Situación
País Chile
RexiónRexión de Aisén
ArquipélagoArquipélago dos Chonos
MarOcéano Pacífico
Coordenadas45°08′S 73°57′O / -45.133, -73.950Coordenadas: 45°08′S 73°57′O / -45.133, -73.950
Xeografía
Superficie863´5 km²
Longura máxima35´4 km.
Largura máxima25´75 km.
Perímetro241´9
Punto máis alto1.127 m.
Demografía
Lingua propiaCastelán

Illa Melchor é a illa máis grande do arquipélago dos Chonos. Está situada na parte central do arquipélago. Mide 35´4 km. no seu eixe E-O e 25´75 km no eixe N-S.

Polo seu lado norte a canle Ninualac sepáraa das illas James e Teresa, polo seu lado leste corre a canle Moraleda e polo seu lado sur a canle "Carrera del Chivato".

As súas costas son moi crebadas, especialmente a parte SO na que hai dous profundos esteiros. Sobre a costa oriental atópanse "puerto Atracadero" e puerto Lagunas.

No sector NO hai un cerro de 891 metros, outro de 931 metros e un terceiro de 880 metros de alto. Na parte sur hai unha altura de 1.127 metros e outra de 934 metros.

Na súa costa norte os compases experimentan perturbacións magnéticas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]