Illa Mejit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mejit
Vista da illa
Mejit
Datos
Capital
País Illas Marshall - Marshall Islands
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (1999) 416 hab.
Superficie 1´86 km²
Densidade
Coordenadas 10°17′N 170°53′E / 10.283°N 170.883°E / 10.283; 170.883
Maior Altura 10 m.
Localización
Localización do atol Mejit

Mejit é unha illa no Océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ratak nas Illas Marshall. A diferenza da maioría das outras illas das Illas de Marshall, Mejit é unha illa de pedra en lugar dun atol, a pesar de que está rodeado por unha coroa de arrecife de coral que encerra unha estreita lagoa. Atópase ao leste da liña principal da cadea Ratak, aproximadamente 110 km. ao nordés de Wotje.

Cunha poboación estimada de 300 persoas, a illa é abundante en pandanus, árbore do pan e Taro. Para os residentes, esta illa é coñecida como "Paraíso". Dispón dun fermoso lago de auga doce (cousa rara nas Illas Marshall) con patos indíxenas. e a subministración de electricidade aos habitantes faise a través de enerxía solar, Mejit é famosa polas súas alfombras de follas de pandano.

Unha pista de aterraxe, de 900 m. de longo, o aeroporto de Mejit, divide á illa. Está servido por Air Marshall Islands.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa Mejit foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, os alemáns crearon un posto comercial. Despois da Primeira Guerra Mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xapones. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]