Illa Ellef Ringnes
| Illa Ellef Ringnes | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Canadá |
| Localización | Océano Ártico |
| Arquipélago | Illas Árticas (Canadá) |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 11.295 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 78°36′46″N 101°56′13″W / 78.61278°N 101.93694°W |
| Maior Altura | 260 m |
| Localización | |
A Illa Ellef Ringnes é unha das Illas Sverdrup en Nunavut, Canadá. Atópase ao leste da Illa Borden e ao oeste da Illa de Amund Ringnes, e posúe un área de 11.295 km², o que a converte na 69 illa máis grande do mundo e a 16 de Canadá. A estación meteorolóxica de Isachen atópase na costa occidental da illa. As coordenadas nas que se atopa son 78°36?46"N, 101°56?13"W. A súa altura máxima é 260 m.
A illa recibe o seu nome en honor a Ellef Ringnes, un dos financiadores da expedición de Otto Sverdrup. A illa foi reclamada por Noruega desde 1902 ata 1930 onde se desistiu en favor de Canadá.
A illa Ellef Ringnes foi a última masa de terra na que estivo situado o Polo Norte Magnético. En abril e maio de 1994, Larry Newitt, do Servizo Xeolóxico de Canadá e Charles Barton, da Organización Xeolóxica Australiana, levaron a cabo un estudo para determinar a posición do Polo Norte Magnético naquela época. Estableceron un observatorio magnético provisional na Illa Lougheed, preto do lugar onde se había predecido que se atopaba o polo. Estes científicos determinaron a posición do polo. Estableceron que en 1994 en Polo Norte atopábase na Península Ónice, ao suroeste da Illa Ellef Ringnes, nas coordenadas 78.3° N, 104.0° W. O polo pasou pola illa aquel mesmo ano e actualmente atópase a uns 400 km cara ao noroeste.