Illa Dinagat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Dinagat
Localización da illa
Situación
País Filipinas
RexiónCaraga
ProvinciaIllas Dinagat
ArquipélagoIllas dinagat, Illas Filipinas
MarMar de Filipinas
Coordenadas10°06′N 125°36′L / 10.100, -125.600Coordenadas: 10°06′N 125°36′L / 10.100, -125.600
Xeografía
Superficie769´2 km²
Longura máxima60 km.
Largura máxima20 km.
Punto máis alto929 m. Redondo
Demografía
CapitalSan José
Poboación106.951 (2000)

A illa Dinagat é unha illa situada en Filipinas, adxacente á illa de Mindanao. Corresponde á provincia de Illas de Dinagat situada na Rexión Administrativa de Caraga, tamén denominada Rexión XIII.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Illa está separada da de Leyte polo estreito de Surigao que comunica o mar de Filipinas co mar de Bohol, golfo de Leyte. Ten aproximadamente 70 km de longo, en dirección norte-sur (de punta Desolación á canle de Gaboc ), e uns 25 km, de leste-oeste, o que supón unha extensión superficial de 769 km².

Ao oeste, no estreito de Surigao atópanse, ao norte a illa Hibuson fronte a baía de Looc, pechada polas illas de Kayosa e de Puyo; máis ao sur a baía de Tubajón, a de Laganán...

Ao leste, no mar de Filipinas, seo de Dinagat atópase a ría de Malinao,

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Un barco procedente da cidade de Surigao detense nos dous peiraos da illa, Tubajón no norte e Cagdayánao no sur. A duración do traxecto é 30 a 45 minutos. Desde calquera dos dous podemos acceder pola estrada que comunica Cagdayánao con Santiago, barrio de Loreto.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]