Illa Clarión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clarión
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Localización de Clarión

[[]]
Datos
Capital
País México
Linguas
Poboación (2007) Deshabitada
Superficie 19,80 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 18°22′N 114°44′W / 18.367°N 114.733°W / 18.367; -114.733Coordenadas: 18°22′N 114°44′W / 18.367°N 114.733°W / 18.367; -114.733
Maior Altura 335 m. Monte Galegos
NASA Imaxe de Satelite

Illa Clarión, antigamente chamada "Illa de Santa Rosa" é a segunda illa máis extensa e a máis occidental das Illas Revillagigedo (pertencentes a México), 314 km ao oeste da Illa Socorro, nas coordenadas 18°22′N 114°44′W / 18.367°N 114.733°W / 18.367; -114.733. A illa ten 8,544 km por 3,686 km de tamaño, cun área de 19,80 km². Ten tres picos prominentes, o máis alto, o Monte Galegos, mide 335 metros sobre o metros sobre o nivel do mar. O pico central é chamado Monte da Mariña (280 m), e o leste Pico da Tenda (292 m). As costas están bordeadas por despenadeiros que van de 24 a 183 metros de alto, coa excepción da parte media da costa cara ao sur, na veciñanza da Baía Xofre, que é a única localidade cunha pequena guarnición militar de 9 mariños.

Este é o punto máis próximo entre a zona económica exclusiva de México e a de Francia, debido á proximidade da Illa Clarión coa Illa Clipperton (que pertenceu algunha vez a México pero que lle foi arrebatada logo da Revolución Mexicana polo goberno francés e actualmente esta administrada pola Polinesia Francesa). O pequeno grupo de mariños, que habita na Illa Clarión, ten como propósito o demostrar que México non volverá cometer o mesmo erro e perder máis illas ante outras nacións.

Desde o seu punto máis alto, o Monte Galegos, pódese admirar a maxestosidade do Océano Pacífico ademais de que, segundo o investigador Harry Moller, pódense observar de 600 a 700 baleas que cada ano, de novembro a febreiro, chegan a estas costas a reproducirse.

A illa conta con doce especies endémicas de aves, así como tamén é endémica a lagartixa azúl fluorescente. Tamén se atopan réptiles, serpes, arácnidos e insectos que están adaptados ás condicións extremas da illa; debido a que en 7 meses caen fortes choivas e o resto do ano escasea a auga. Con tan severa condición de carencia e exceso de auga, resulta natural que a vexetación sexa escasa. Consiste só en pastos ralos, gramíneas, arbustos e un que outro escuálido árbore. Todo o contrario ocorre coa vida mariña, que é abundante en quenllas, mantarraias, lagostas, polbos e caranguexos.

O home introduciu o coello branco na illa, o que danou gravemente o ecosistema, pero tamén chegou á illa unha bandada de corvos corvux que manteñen un equilibrio ecolóxico ao devorar as crías de coellos ou aos demasiado vellos.

A Illa Clarión conta con magníficos peñons que asemellan grandes castelos e que chegan ata os 90 metros de altura. É sen dúbida un dos tesouros pouco coñecidos do país.