Ichiro Suzuki
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Ichiro Suzuki (鈴木 一朗 Suzuki Ichirō?), a miúdo coñecido simplemente como Ichiro (イチロー Ichirō?), nado o 22 de outubro de 1973, é un xogador de béisbol xaponés que xogou nos Seattle Mariners. É o xogador xaponés que alcanzou maior éxito na Major League Baseball. Coñecido en EEUU como "The Silent Samurai" ("O samurai silandeiro"). Ten o récord de maior número de éxitos durante a súa tempada na MLB (262).