Ibrahim Ferrer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ibrahim Ferrer

Ibrahim Ferrer Planas, nado en Santiago de Cuba o 20 de febreiro de 1927 e finado na Habana o 6 de agosto de 2005, foi un cantante de son cubano, de voz pura e suave.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu no casco vello da Habana. Era un home tímido e sinxelo, imbuído nunha intensa fe. Acadou sona mundial no 1998 co éxito do proxecto musical Buena Vista Social Club, onde gravou doce dos catorce temas do disco e tivo o pracer de colaborar con moitos dos intérpretes que sempre admirara, como Omara Portuondo, Rubén González, Compay Segundo, Eliades Ochoa, Barbarito Torres e Guajiro Mirabal. Este disco obtería un Grammy e un ano mais tarde gravaría o seu primeiro álbum en solitario, Buena Vista Social Club Presents Ibrahim Ferrer. O seu segundo disco en solitario, Buenos Hermanos, obtivo no 2004 outro Grammy.