Ian Murdock
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ian Murdock, nado o 28 de abril de 1973 en Konstanz, é un científico alemán de computación. É o fundador e primeiro líder do proxecto Debian GNU/Linux.
[editar] Traxectoria
En 1993 escribiu o manifesto Debian mentres estudaba na Purdue University, onde en 1996 obtivo a súa licenciatura. A palabra Debian provén da combinación do nome da súa entón noiva Debra (agora a súa ex-esposa) e o seu, por tanto, Deb (ra) e Ian.
É fundador, tamén, da empresa Progeny Linux Systems.
