Holly Marie Combs
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Holly Marie Combs, nada o 3 de decembro de 1973[1]en San Diego, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria[editar]
Combs mudouse para Nova York cando tiña sete anos comezou a actuar en publicidade aos oito anos, a partir de 1985 comezou a aparecer en pequenos papeis, como en Born on the Fourth of July (1989), deu vida a Kimberly Brock na serie Picket Fences (1992-1996), recibindo un premio Young Artist [2][3]e interpretou a Piper Halliwell en Charmed (1998-2006). No ano 2010 actuou na serie de ABC Family Pretty Little Liars no papel de Ella Montgomery.
Notas[editar]
- ↑ Holly Marie Combs: Biography. MSN Movies.
- ↑ "Holly Marie Combs — Awards". IMDb.com. http://www.imdb.com/name/nm0001061/awards. Consultado o 2007-04-05.
- ↑ "Young Artist Award". youngartistawards.org. http://www.youngartistawards.org/pastnoms14.htm. Consultado o 2008-05-06.