Hildibaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hildibaldo (tamén chamado Ildebaldo ou Ildebad), finado en 541, foi un rei dos ostrogodos en Italia, elixido para substituír a Vitixes, que fora capturado e levado a Constantinopla polo xeneral bizantino Belisario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hildibaldo reinou soamente un ano antes de ser matado por un xépido nun banquete no palacio. Logo dun breve período baixo Erarico, sucedeuno o seu sobriño Tótila.

Hildibaldo era en realidade un visigodo, sobriño dun dos reis visigodos de Hispania.