Hilderico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hilderico, finado en 533, foi rei dos vándalos entre 523 e 530.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Hunerico e Eudoxia, neto de Xenserico e Valentiniano III, primo e sucesor de Trasamundo. Herdou un reino en profunda decadencia que non se podía comparar militarmente co do seu avó Xenserico. No seu reinado déronse a ruptura de relacións cos ostrogodos debido ao asasinato da irmá de Teodorico o Grande, as derrotas fronte ás tribos bérberes que tomaron case todo o Reino Vándalo, as guerras contra a nobreza e os afrorromanos desexosos de quitarse de encima aos opresores vándalos. Recordando a súa herdanza romana, ao ser fillo da filla de Valentiniano III, romanizou o seu reino, pero isto foi un erro fronte aos vándalos conservadores e conduciu á súa execución. Favoreceu aos católicos, o que lle levou a oposición da nobreza. Foi destronado polo seu primo Xelimero e morto tres anos despois.

Reino dos vándalos

Segue a:
Trasamundo
Hilderico
Precede a:
Xelimero