Xelimero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xelimero ou Xelimer foi rei dos vándalos entre 530 e 534. Usurpou o trono ao seu curmán Hilderico, pero foi derrotado polos bizantinos dirixidos por Belisario en Cartago e Bulla (Numidia), sendo apresado e levado a Constantinopla. Iso significou a fin do Reino Vándalo. Ofrecéronlle terras na Galacia e alí estivo ata a súa morte en 553.

Reino dos vándalos

Segue a:
Hilderico
Xelimero
Precede a:
Fin do Reino Vándalo