Heriberto Fuertes Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeriberto Fuertes Gómez
Biografía
Morteagosto de 1948 Editar o valor em Wikidata
A Cañiza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata

Heriberto Fuertes Gómez, finado na Cañiza en agosto de 1948, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gerardo Fuertes e María Gómez. Foi un dos promotores con Modesto Álvarez Vázquez, José Benito González Álvarez e Emilio Rodríguez Arias do periódico Nueva Cañiza.[1] Médico da Cañiza, na Segunda República foi elixido concelleiro da Cañiza.[2][3] Presidente de Izquierda Republicana da Cañiza, foi proposto polo Bloque Popular de Izquierdas como alcalde en abril de 1936.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e encarcerado en Vigo. En 1939 pasou a ser médico do Hío.[5] Foi nomeado médico de asistencia pública domiciliaria de Covelo en 1942,[6] e de Crecente en 1945.[7] Finou nun accidente de tráfico na estrada de Ponte Pedras a Pontevedra a principios de agosto de 1948.[8][9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Cañiza con Nazareth Bacelar Queimadelos, filla de Antonio Bacelar Vesteiro, en 1928,[10] e foi pai de José Gerardo, Juan, Heriberto Alejandro e Carlos Antonio Fuertes Bacelar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 7-1-1930, p. 9.
  2. El Tea, 13-6-1931, p. 2-3.
  3. El Pueblo Gallego, 12-2-1933, p. 13.
  4. El Pueblo Gallego, 5-4-1936, p. 9.
  5. Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, 1-11-1939, p. 2.
  6. El Pueblo Gallego, 14-7-1942, p. 6.
  7. El Pueblo Gallego, 24-11-1945, p. 6.
  8. El Pueblo Gallego, 6-8-1948, p. 2.
  9. El Pueblo Gallego, 8-8-1948, p. 2.
  10. El Ideal Gallego, 20-12-1928, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]