Hereward the Wake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hereward the Wake
Autor/aCharles Kingsley
OrixeReino Unido
Lingualingua inglesa
EditorialMacmillan Publishers
Data de pub.1866
editar datos en Wikidata ]

Hereward the Wake: Last of the English (tamén publicado como Hereward, the Last of English) é unha novela de Charles Kingsley publicada en 1866. Conta a historia de Hereward, o último membro da resistencia anglosaxoa contra os normandos. Foi a última novela histórica de Kingsley, e serviu para exaltar a Hereward como un heroe popular inglés e como unhas das figuras máis románticas de historia medieval inglesa.[1]

Trama[editar | editar a fonte]

Hereward é, na novela de Kingsley, fillo de Leofric, conde de Mercia, e de Lady Godiva. É presentado como un mozo de dezaoito anos "valentón e rufián dos pantanos" que foi proscrito por Eduardo o Confesor á petición do seu pai. Sae a ver o mundo acompañado polo seu rapaz amigo Martin Lightfoot. Nunha aventura no norte de Inglaterra derrota el só un oso polar engaiolado. Ábrese camiño ata Cornualla e finalmente acaba na corte de Balduíno de Flandres. Unha vez alí, demostra a súa coraxe contra os cabaleiros de Balduíno e gaña o amor de Torfrida, con quen casa. Tres anos após a conquista normanda, Hereward e Martin retornan a Inglaterra e descobren a brutalidade do réxime normando. Hereward víngase dos normandos que mataran o seu irmán. Nunha troula de borrachos mata quince deles, coa axuda de Martin Lightfoot.

Hereward entón reúne unha forza de rebeldes ingleses e monta un campamento en Ely, nos Fens (terras pantanosas). Guillerme de Normandía conduce unha hoste de mercenarios contra Ely, mais son repelidos con grandes perdas cando os ingleses pegan lume os xuncos que os rodean. A pesar desta vitoria a resistencia de Hereward e derrubada polos invasores normandos e as intrigas da condesa Alftruda, que separa o heroe de Torfrida. Herward finalmente xura lealdade a Guillerme, recoñecendo que o normando é de feito rei de toda Inglaterra. Casado con Alftruda, Señor de Bourne e no favor do rei, Hereward aínda é odiado polos "franceses" (normandos) nobres, pois a maioría deles perderon parentes loitando contra el. Finalmente o principal inimigo de Hereward, Ivo Taillebois, sorpréndeo no seu fogar ancestral, onde pelexando case só é matado após unha loita brutal.[2]

Temas[editar | editar a fonte]

A novela trata a resistencia anglosaxoa (ou como prefería Kingsley "anglo-danesa") contra a conquista normanda, e isto reflicte a admiración do propio Kingsley polo vigor xermánico (ou "teutónico").[3] Kingsley admiraba a disciplina normanda e a cabalaría, mais deixa en claro que as virtudes e enerxías primitivas nunca teñen que ser enteiramente abandonadas.[2][3]

Publicación[editar | editar a fonte]

A novela primeiro publicouse en forma serial no periódico mensual Good Woords de xaneiro a decembro de 1865, e despois publicouse en dous volumes, en 1866.[2]

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A BBC en 1965 fixo unha serie de televisión de 16 episodios titulado Hereward the Wake, baseada na novela de Kingsley. Hereward era interpretado polo actor Alfred Lynch.[4] Con todo, ningún dos episodios da serie da BBC sobreviviu, segundo os rexistros de arquivo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paul Dalton, John C. Appleby, (2009), Outlaws in Medieval and Early Modern England, p. 7.
  2. 2,0 2,1 2,2 John Sutherland, (1990), The Stanford Companion to Victorian Fiction, p. 293.
  3. 3,0 3,1 Brian Hamnett, (2011), The Historical Novel in Nineteenth-Century Europe, p. 129.
  4. Hereward the Wake (BBC, 1965) Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine., missingepisodes.com