Herba da envexa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herba da envexa
Vinca-difformis-20090309-2.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Gentianales
Familia: Apocynaceae
Subfamilia: Rauvolfioideae
Tribo: Vinceae
Xénero: Vinca
Especie: V. difformis
Nome binomial
Vinca difformis
Pourr.

A Herba da envexa, pervinca ou cangroia[1].Vinca difformis, é unha especie de planta medicinal pertencente á familia das apocináceas. É orixinaria da conca do Mediterráneo. En Galiza considérase especie invasora, de feito atópase na lista de Flora invasora de Galicia elaborada pola Xunta[2].

Descrición[editar | editar a fonte]

Vinca difformis esténdese polo chan con longas ramas cubertas por follas arredondadas, brillantes e opostas. As flores son de cor azul suave, ás veces poden semellar brancas, teñen un longo tubo que se abre en cinco lóbulos un pouco asimétricos, que recordan un pouco a imaxe dunha hélice. Florea durante o inverno e a primavera.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É orixinaria da conca do Mediterráneo. Na Península Ibérica atópase no levante. É camefito, atopándose en zonas sombrizas, silveiras, pedregueiras e bordos de camiños.

Citoloxía[editar | editar a fonte]

Número de cromosomas de Vinca difformis (Fam. Apocynaceae) e táxones infraespecíficos

Vinca difformis Pourr.

[3]

2n=230.

Vinca difformis Pourr.

[4]

2n=46.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Vinca intermedia

Propiedades[editar | editar a fonte]

Contén alcaloides diferentes aos das outras especies do xénero, entre os que salientan a vincamedina e a sarpaxina.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004
  2. http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion/biodiversidade/especies/especies_invasoras/flora_invasora_de_galicia/ Flora invasora de Galicia na Web da Consellaría do Medio Rural
  3. Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955).
  4. Proves Sur la caryologie de quelques plantes récoltées pendant la III Reunion de Botanique Péninsulaire. Fernandes, A. & M. Queirós (1971) Mem. Soc. Brot. 21: 343-385
  5. Dr. Berdonces I Serra. "Herba da envexa". Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba da envexa
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Herba da envexa