IK Pegasi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «HR 8210»)
Localización de IK Pegasi

IK Pegasi (ou HR 8210) é un sistema estelar binario na constelación de Pegasus. Atópase a unha distancia de aproximadamente 150 anos luz do sistema solar, e posúe luminosidade de abondo para poder ser vista a ollo nu dende a Terra.

A estrela primaria (IK Pegasi A) é unha estrela de secuencia principal de Clase A, que amosa pulsacións menores de luminosidade. Está categorizada como unha estrela variable Delta Scuti e ten un ciclo periódico de variación luminosa que se repite unhas 22,9 veces ó día.[1] A súa compañeira (IK Pegasi B) é unha anana branca masiva que se expandiu alén da secuencia principal e deixou de xerar enerxía por fusión nuclear. Ámbalas dúas estrelas orbitan, unha arredor da outra, completando unha volta cada 21,7 días, cunha separación media duns 31 millóns de quilómetros, ou 0,21 unidades astronómicas (UA). A súa órbita é menor que a de Mercurio arredor do Sol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wonnacott, D.; Kellett, B. J.; Smalley, B.; Lloyd, C. (1994). "Pulsational Activity on Ik-Pegasi". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 267: 1045–1052. Bibcode:1994MNRAS.267.1045W. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]