H.R. Giger
Hans Ruedi Giger, tamén chamado Hans Rudolf Giger, nado o 5 de febreiro de 1940 en Chur, Suíza, é un artista gráfico e escultor. É amigo persoal de Timothy Leary.
Índice |
Traxectoria[editar]
En 1966 comezou a traballar como deseñador de interiores. A partir de 1968 Giger dedicouse exclusivamente á arte e os seus primeiros pósters foron publicados cara a 1969. Durante esa época mantivo unha relación con Li Tober, coa que gravaría varios curtos. O suicidio da súa amada en 1975 marcou para sempre a obra de Giger.
Coñecido entre o gran público por deseñar e desenvolver xunto a Carlo Rambaldi a criatura e algúns escenarios da película Alien, o oitavo pasaxeiro de Ridley Scott (1979, baseándose nas súas propias obras anteriores, como "Necronomicon V") pola que lle concederon en 1980 o Oscar ao mellor deseño de escenarios.
Tamén participa na parte estética doutras películas, como Species (Roger Donaldson, 1995) sendo os seus traballos usados nas portadas de moitos libros e discos. Así mesmo, realizou traballos para videoxogos como Dark Seed, unha aventura gráfica de ambientación lovecraftiana. Posteriormente préstase voluntario como deseñador de Alien 3, xa que James Cameron, reusou do seu traballo para Aliens. Tamén participou no deseño ao lado escuro de Poltergeist II, quedando bastante desilusionado do tratamento que se lle deu na película aos seus deseños.
Existe un museo dedicado a H. R. Giger na cidade de Gruyères, en Friburgo, Suíza.
Estilo[editar]
Giger utilizou maiormente o aerógrafo creando imaxes surrealistas e paisaxes de pesadelo. Destaca tamén a súa mestura de representacións de corpos humanos mesturados con maquinas, descritas por el como Biomechanical. Estas imaxes conteñen un alto grao de fetichismo á vez que engade simboloxía sexual un tanto subliminar. Na súa obra podemos atopar a influencia de artistas como Erns Fuchs, Jean Cocteau e Salvador Dalí.
Participación[editar]
Participación en películas[editar]
- 1976 – Dune
- 1979 – Alien
- 1985 – A "Cloudbusting Machine" no video Cloudbusting de Kate Bush
- 1986 – Poltergeist II
- 1988 – Teito Monogatari
- 1992 – Alien III
- 1995 – Species
- 1995 – Batman Forever (deseño do Batmobil)
- 1996 – Kondom des Grauens
Participación en portadas de discos[editar]
- 1973 – Emerson, Lake and Palmer – Brain Salad Surgery
- 1977 – Magma – Attahk
- 1981 – Debbie Harry – KooKoo
- 1985 – Celtic Frost – To Mega Therion
- 1989 – Steve Stevens – Atomic Playboys
- 1990 – Atrocity – Hallucinations
- 1992 – Danzig – III: How The Gods Kill
- 1994 – Carcass – Heartwork
- 1994 - hide - Hide Your Face
- 1999 - Dr. Death - Somewhere in nowhere (Birthmachine)
Bibliografía[editar]
- 1971 – ARh+
- 1974 – Passagen
- 1976 – HR Giger bei Sydow-Zirkwitz (Catálogo)
- 1977 – Necronomicon (ISBN 3-85591-019-7)
- 1980 – Giger’s Alien
- 1981 – HR Giger’s New York City
- 1984 – Retrospective 1964–1984 (Catálogo)
- 1985 – Necronomicon 2 (ISBN 3-85591-020-0)
- 1988 – Biomechanics
- 1991 – HR Giger ARh+ (ISBN 3-8228-1317-6)
- 1992 – Skizzen 1985
- 1993 – Watch Abart ’93 (Catálogo)
- 1995 – Species Design
- 1996 – Filmdesign
- 1996 – www HRGiger com
- 1996 – Visioni di fine millennio (Catálogo)
- 1998 – Monsters from the ID
- 1998 – The Mystery of San Gottardo
- 2002 – Icons „HR Giger“
- 2004 – Le Monde Selon HR Giger (Catálogo)
- 2005 – HR Giger in Prague (Catálogo)