Guillaume le Rouge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuillaume le Rouge
Biografía
Nacementoc. 1385 Editar o valor em Wikidata
Borgoña-Franco Condado, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1456 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 62aad2fc-8d47-437d-805f-3fbc3e04dc64 Discogs: 864860 Editar o valor em Wikidata

Guillaume le Rouge, nado arredor de 1385 e activo no período entre 1450 e 1465, foi un cantante e compositor da escola de Borgoña, pertencente á aescola francoflamenga[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Guillaume le Rouge foi un cabaleiro da corte de Carlos I de Orleáns, fillo de Xoán Sen Medo, duque de Borgoña, e conde palatino de Borgoña.

Exerceu como cantante, compositor e mestre de capela de Carlos de Orleáns, que protexía os seus artistas, músicos, xograres e poetas[2]. Estes últimos pedíronlle a Guillaume le Rouge que compuxese melodías e rondós para os seus poemas e as súas cancións de amor cortés. Entre as súas composicións, Si je fayz dueil foi a única que chegou ata os nosos días[3].

Como mestre de capela compuxo misas, entre as que son salientables Mon cuer pleure, e Soyez aprantiz, a tres voces[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Peter Woetmann Christoffersen. The Copenhagen chansonnier and the "Loire Valley" chansonniers. (En inglés)
  2. Daniel Poirion. Le poète et le prince: l'evolution du lyrisme courtois. Ed. Slatkine. Xénova. 1978. Páxina 164. (En francés)
  3. Partitura da composición. Bayerische Staatsbibliothek. Múnic.
  4. "Guillaume le Rouge". En Musicalcs.com. (En francés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]