Ducado de Borgoña
| Duché de Bourgogne Ducado de Borgoña |
||||
|
||||
|
Escudo |
||||
| Territórios da dinastia de Valois-Borgoña durante o goberno de Carlos, o Temerario | ||||
| Capital | Dijon (tamém Bruxas e Gante) | |||
| Lingua | Latín linguas de oïl (frances antigo), neerlandes |
|||
| Relixión | Igrexa Católica Romana | |||
| Goberno | Monarquía | |||
| Duque de Borgoña | ||||
| • 880- 921 | Ricardo de Autun, o Xusticieiro primeiro duque. | |||
| • 1477 - 1482 | Maria de Valois, ultimo duque. | |||
| Período histórico | Idade Media | |||
| • Tratado de Verdun | 843 | |||
| • Guerra dos Cen Anos | 1337 - 1453 | |||
| • Orden do Toisón de Ouro | 1430 | |||
| • Guerra de Borgoña | 1474 - 1477 | |||
| • Batalla de Nancy | 1477 | |||
O Ducado de Borgoña foi un dos estados máis importantes da Europa medieval, independente entre 880 e 1482. Non deve ser confundido co condado de Borgoña, outro território de Francia. O feudo do Duque de Borgoña correspondía aproximadamente coa rexión actual francesa de Borgoña. Grazas á súa riqueza e vasto territorio, o ducado foi tanto política como economicamente moi importante. Tecnicamente eran vasalos do rei de Francia, pero os duques de Borgoña souberon manter unha política propia.
Índice |
[editar] Historia
A dinastía inicial dos Duques de Borgoña extinguiuse en 1026, coa morte sen descendentes do herdeiro da casa, o duque Oton Guillermo. Pero o ducado xa fora anexionado en 1016 por Henrique I que se converteu en duque en 1016. Henrique concedeu o ducado ao seu irmán Roberto, que funda a rama da Dinastía dos Capetos. Desta liña descendente provén Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal. O último representante da casa foi Filipe de Rouvres, que morreu de peste en 1361. O ducado pasou á coroa francesa e dous anos máis tarde Xoán II de Francia concedeulle o título ao seu fillo máis pequeno, Filipe. Filipe casou con Margarita III de Flandres e a través desta unión o ducado de Borgoña uniuse ao Condado de Flandres, Artois, Nevers, Rethel e os ducados de Brabante e Limburgo.
A última duquesa da Borgoña independente foi María de Valois, que casou con Maximiliano I de Austria. Nas capitulacions matrimoniais estipulouse que o seu segundo fillo sería quen herdase os territorios maternos pero María faleceu nun accidente de cabalo antes de que iso acontecese. Logo desta traxedia, o ducado de Borgoña foi incorporado a Francia, mentres que os Países Baixos pasaron á Casa dos Austria.
|
Palácio dos duques de Borgoña en Dijon.
|
[editar] Lista de duques
[editar] Bosónidas
- 880-921: Ricardo I o Xusticieiro, primeiro duque de Borgoña (creado por Luís III)
- 921-923: Raul I, fillo do anterior. En 923, converteuse en rei de Francia e cedeu o ducado ao seu irmán.
- 923-952: Hugo o Negro, irmán do anterior.
- 952-956: Gilberto de Chalon.
[editar] Robertinos (Capetos)
- 956-965: Otón Enrique, fillo de Hugo o Grande, casou con Gerberga de Chalon, filla herdeira de Gilberto de Chalon.
- 965-1002: Henrique I o Grande, irmán do anterior.
- 1002-1004: Otón Guillermo, Conde palatino de Borgoña, neto do anterior.
[editar] Dominio Real (1004-1032)
Roberto II o Piadoso, rei de Francia, sobriño de Otón Henrique e de Henrique I. Conquistou o ducado de Borgoña e incorporouno ao dominio real.
Sucedeulle o seu fillo Henrique, quen para terminar a revolta do seu irmán Roberto, outorgoulle o ducado de Borgoña, de forma similar a un apanaxe, en 1032 a cambio de renunciar as súas pretensións ao trono francés, orixinándose así unha rama menor da dinastía capeta, a Casa de Borgoña.
[editar] Casa de Borgoña (Capetos)
- 1032-1076: Roberto I o Vello, fillo do rei Roberto II o Piadoso e irmán do rei Henrique I.
- 1076-1079: Hugo I, neto do anterior.
- 1079-1102: Eudes I Borrel, irmán do anterior.
- 1102-1143: Hugo II o Pacifico, fillo do anterior.
- 1143-1162: Eudes II, fillo do anterior.
- 1162-1192: Hugo III, fillo do anterior.
- 1192-1218: Eudes III, fillo do anterior.
- 1218-1272: Hugo IV, fillo do anterior.
- 1272-1306: Roberto II, fillo do anterior.
- 1306-1315: Hugo V, fillo do anterior.
- 1315-1349: Eudes IV, irmán do anterior.
- 1349-1361: Filipe I de Rouvres, neto do anterior.
[editar] Dominio Real (1361-1363)
Á morte prematura do duque Filipe I sen descendencia, sucedeulle o seu primo Xoán II o Bo, rei de Francia, segundo a proximidade de sangue, xa que segundo a primoxenitura correspondeulle a Carlos II de Navarra, pero a nobreza borgoñona tamén sopesou as alianzas e influencias de ambos na Guerra dos Cen Anos. En 1363, Xoán II outorgou en apanaxe ao seu fillo Filipe.
[editar] Casa de Valois
- 1364-1404: Filipe II o Atrevido, fillo do rei de Francia Xoán II;
- 1404-1419: Xoán I Sen Medo, fillo do anterior;
- 1419-1467: Filipe III o Bo, fillo do anterior;
- 1467-1477: Carlos I o Temerario, fillo do anterior.
[editar] Logo de 1477
- Véxase tamén: Estado borgoñón.
Logo da morte de Carlos o Temerario na Batalla de Nancy sen descendencia masculina, o rei Luís XI, apoderouse do ducado de Borgoña e anexionouno ao dominio real, en base a que as apanaxes habíanse reglamentado de forma que ao esgotarse a descendencia masculina debían incorporarse á Coroa. Pero María, a filla do duque Carlos o Temerario, casou co futuro emperador Maximiliano I de Habsburgo para defender a súa herdanza, e non aceptou a perda do ducado, mantendo así a titulación de duque de Borgoña, como fixeron tamén os seus descendentes os reis de España, debido ao prestixio que outorgaba ao seu titular o ser Gran Maestre e Xefe Soberano da Orde do Toisón de ouro. Tanto é así que na Paz de Cambrai (1529) o emperador Carlos V renunciaba ao territorio específico do ducado de Borgoña pero non ao título.
[editar] Duques titulares de Borgoña (título Habsburgo)
Os Habsburgo continuaron reclamando o ducado de Borgoña, en balde, e recoñeceron a súa perda (Paz de Cambrai (1529), Tratado de Cateau-Cambrésis (1559), tratado de Nimega (1678)). Seguiron manténdose como duques titulares.
- 1477-1482: María de Borgoña, duquesa titular de Borgoña, filla de Carlos o Temerario, e esposa de Maximiliano I de Habsburgo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- 1482-1506: Filipe I o Fermoso, rei de Castela e duque titular de Borgoña, fillo da anterior.
- 1506-1555: Carlos I, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, rei de España e duque titular de Borgoña, fillo do anterior.
- 1555-1598: Filipe II, rei de España e Portugal, e duque titular de Borgoña, fillo do anterior.
- 1598-1621: Isabel Clara Eugenia e Alberto de Austria, duques titulares de Borgoña, filla e xenro do anterior.
- 1621-1665: Filipe IV, rei de España e Portugal, e duque titular de Borgoña, sobriño dos anteriores e neto de Filipe II.
- 1665-1700: Carlos II, rei de España e duque titular de Borgoña, fillo do anterior. Tras a paz de Nimega, desarticulouse definitivamente a herdanza territorial dos Valois borgoñones.
- Os reis de España como sucesores seguiron mantendo a titulación como mero prestixio.
[editar] Duque de Borgoña (título francés)
[editar] Título do Antigo Réxime
O título foi outorgado polo rei de Francia aos príncipes, e a priori aos primoxénitos do Delfín:
- 1682-1711: Luís de Francia (1682-1712), duque de Borgoña, fillo de Luís de Francia, chamado o Gran Delfín, e neto de Luís XIV. Era o pai de Luís XV e converteuse en Delfín en 1711.
- 1751-1761: Luís de Francia (1751?1761), duque de Borgoña, primoxénito de Luís de Francia, delfín, e neto de Luís XV. Era irmán maior de Luís XVI.
[editar] Título de cortesía
- 1950-1975: Afonso de Borbón, neto de Xaime Enrique de Borbón (1908-1975), duque de Anjou e de Segovia, tomou do seu pai o título de duque de Borbón e de Borgoña. En 1975, á morte do seu pai, adxudicouse o título de duque de Anjou.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Árbore xenealóxica dos Duques de Borgoña, (en inglés)