Guillaume Legrant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuillaume Legrant
Biografía
Nacemento1405 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte1449 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 64e8b193-a1e0-428f-9813-a9a8c4240209 Discogs: 1025296 Allmusic: mn0001191851 Editar o valor em Wikidata

Guillaume Legrant, coñecido tamén como Wilhelmus Legrant ou polo seu patronímico Guillaume Lemacherier, nado cara a finais do século XIV e finado despois de 1456, foi un compositor francoflamengo pertencente á escola de Borgoña. Semella non ter ligazón ningunha co seu homónimo Johannes Legrant, coetáneo e adscrito á mesma escola musical.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Guillaume Legrant aparece nos rexistros eclesiásticos en 1405, cando era neno do coro na catedral de Bourges. Entre 1407 e 1410 figura como esmoleiro na mesma .

En outubro de 1418 Legrant está en Roma e entra ao servizo do papa Martiño V como chantre do cabido na capela papal, onde fica ata 1421. Posteriormente, ocupou diversos postos na diocese de Rouen cara a 1446. Exerceu tamén como chantre da capela do duque Carlos I de Orleáns en Blois entre 1455 e 1456.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Guillaume Legrant escribiu música tanto sacra como profana, da que hoxe se conservan sete composicións: tres de música sacra, principalmente misas (credo e gloria), que están entre as primeiras en distinguir entre o solo e a coral polifónica; e catro composicións profanas, todas elas virelais, que respectan o estilo de poemas de forma fixa.[3]

Virelais a tres voces[editar | editar a fonte]

  • Pour l'amour de mon bel amy.
  • Ma Chiere mestresse et Amye.
  • Or avant, fillettes de gentilz.
  • Si vous saviez.

Misas a tres voces[editar | editar a fonte]

  • Gloria.
  • Credo (I).
  • Credo (II).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Notas biográficas sobre Guillaume Legrant en Allmusic.com.
  2. Guillaume Legrant (fl. 1419-46). En Hoasm.org
  3. Composicións de Guillaume Legrant en Allmusic.com.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gustave Reese. Music in the Renaissance. Nova York, WW Norton & Co., 1954. [ISBN 0-393-09530-4]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]