Grzegorz Napieralski
| Grzegorz Napieralski | |
|
Membro do Sejm
|
|
|---|---|
| Actualmente no cargo | |
| Dende o 24 de xuño de 2004 | |
|
5º Portavoz da Alianza da Esquerda Democrática
|
|
| Actualmente no cargo | |
| Dende o 31 de maio de 2008 | |
| Precedido por | Wojciech Olejniczak |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 18 de marzo de 1974 (39 anos) Szczecin, Polonia |
| Partido | Alianza da Esquerda Democrática |
| Cónxuxe | Małgorzata Napieralska |
| Profesión | Político |
Grzegorz Napieralski, nado en Szczecin o 18 de marzo de 1974, é un político polaco actual portavoz do partido "Alianza da Esquerda Democrática". Foi candidato por dito partido ás eleccións presidenciais do seu país de 2010, quedando de terceiro.
Educación e carreira política [editar]
Despois de graduarse na Escola de Mecánica de Szczecin, estudou Ciencias Políticas na Universidade de Szczecin, obtendo o seu master no ano 2000. Desde 1995 até 1999 foi secretario da agrupación local de Szczecin do partido Socialdemocracia da República de Polonia, que máis tarde deu lugar á Alianza da Esquerda Democrática. En 2004, 2005 e 2007 foi elixido para ocupar un cargo no Sejm. No 2004 converteuse en vice-presidente da Alianza de Esquerda Democrática, e un ano máis tarde no seu secretario xeral. O 31 de maio de 2008 foi elixido presidente do partido, contra Wojciech Olejniczak. Desde o 2009 é tamén o presidente da fracción parlamentaria Lewica.
O 22 de abril de 2010, a Alianza escolleuno para substituír a Jerzy Szmajdziński, quen falecera nun accidente de avión, como candidato das próximas eleccións presidenciais. Napieralski recibiu o 13,68% dos votos e non tomou parte na segunda volta das eleccións, xa que quedou de terceiro.