Eleccións presidenciais de Polonia de 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións presidenciais de Polonia de 2010Eleccións presidenciais de Polonia de 2010
Data20 de xuño de 2010
4 de xullo de 2010 Editar o valor em Wikidata
TipoPolish presidential election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoPresidente da Polónia (pt) Traducir. Duración do mandato: 5 Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Bronisław Komorowski  — Plataforma CívicaElixido/a
0
 
 ← 2005 (en) Traducir Editar o valor em WikidataPolonia Editar o valor em Wikidata 2015 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  → 

As eleccións presidenciais de Polonia 2010 determinaron quen ía exercer a presidencia polaca de 2010 a 2015. A primeira rolda ocorreu o 20 de xuño, mais, como ningún candidato tivo maioría absoluta de votos, realizouse unha segunda volta o 4 de xullo, sendo finalmente elixido Bronislaw Komorowski. No momento das eleccións, Komorowski xa exercía o cargo de Presidente interino de Polonia, substituíndo a Lech Kaczyński, morto en abril de 2010, nun accidente aéreo cerca da base aérea de Smolensk. O irmán de Lech Kaczyński, Jarosław Kaczyński, foi o outro candidato que acompañou a Komorowski na segunda volta.

Contexto[editar | editar a fonte]

As eleccións adiantáronse cerca de tres meses debido á morte do Presidente Lech Kaczynski, que ademais aspiraba concorrer á reelección. O senador Jerzy Szmajdzinski, pre-candidato presidencial para a Alianza da Esquerda Democrática, tamén morreu no accidente aéreo.

Despois de falecer o Presidente o 10 de abril de 2010, a Constitución determinaba que o voceiro do Sejm, Bronislaw Komorowski, anunciara nun prazo de dúas semanas a convocatoria de eleccións no prazo de 60 días.

22 candidatos presentáronse ante a Comisión Nacional Electoral co requisito de mil sinaturas de apoio,[1] pero despois a maioría dos candidatos foron marxinados das eleccións por non cumprir o requisito final para recoller cen mil sinaturas antes do 26 de maio.[2]

Resultados[editar | editar a fonte]

Primeira volta[editar | editar a fonte]

Partido/Alianza Candidato Primeira volta: 20 de xulo de 2010
Votos Porcentaxe
Plataforma Cívica Bronisław Komorowski 6 981 319 41'54 %
Lei e Xustiza Jarosław Kaczyński 6 128 255 36'46 %
Alianza da Esquerda Democrática Grzegorz Napieralski 2 299 870 13'68 %
Wolność i Praworządność Janusz Korwin-Mikke 416.898 2'48 %
Partido Popular Polaco Waldemar Pawlak 294.273 1'75
Independente Andrzej Olechowski 242.439 1'44 %
Autodefensa da República de Polonia Andrzej Lepper 214.657 1'28 %
Dereita da República Marek Jurek 177.315 1'06 %
Partido Polaco do Traballo Bogusław Ziętek 29.548 0'18 %
Loitando por Solidariedade Kornel Morawiecki 21.596 0'13 %
  Total votos válidos 16 806 170 100 %
Fonte: Comisión Electoral Nacional de Polonia.[3]
Resultados da primeira volta por Voivodías
Resultados da primeira volta por Powiats

Segunda volta[editar | editar a fonte]

Partido/Alianza Candidato Segunda volta: 4 de xullo de 2010
Votos Porcentaxe
Plataforma Cívica Bronisław Komorowski 8 933 887 53'01 %
Lei e Xustiza Jarosław Kaczyński 7 919 134 46'99 %
  Total votos válidos 16 853 021 100 %
Resultados da segunda volta por Voivodías
Resultados da segunda volta por Powiats

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Polish politicians warn election campaign could turn 'nasty'". RIA Novosti (en inglés). 27 de abril de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  2. "10 presidential hopefuls make the cut". Polskie Radio (en inglés). 7 de maio de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  3. Comisión Electoral Nacional de Polonia (20 de xuño de 2010). "OBWIESZCZENIE PAŃSTWOWEJ KOMISJI WYBORCZEJ" (PDF) (en polaco). Consultado o 27 de marzo de 2011. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]