Grupo sanguíneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Un grupo ou tipo sanguíneo é unha forma de agrupar certas características do sangue que dependen dos antíxenos presentes na superficie dos glóbulos vermellos e no soro do sangue.

As dúas clasificacións máis importantes para describir grupos sanguíneos en humanos son os antíxenos e o factor Rh. As transfusións de sangue entre grupos incompatibles poden provocar unha reacción inmunolóxica que pode desembocar en hemólise, anemia, insuficiencia renal, shock, ou morte.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Existen varios tipos sanguíneos, segundo a clasificación e mesmo o criterio de fenotipación que se estableza para a marcaxe. Algúns deles son:

  • A reacción inmunitaria máis forte parte do factor Rh, que pode ser positivo ou negativo (Rh+ e Rh-);
  • Outra clasificación habitual é a que divide nos grupos 0 (cero), A, B e AB. En realidade, estes catro fenotipos responden a un nivel de complexidade de primeiro grao, pois hai outras subclasificacións (sobre todo do grupo A: A1, A2, etc.);
  • Existen outras clasificacións: Duffy, Lutheran, etc.

Cada sistema sanguíneo ten unhas características determinadas, en particular para a cuestión de compatibilidade nas doazóns. Mentres o factor Rh ou o grupo AB0 poden provocar incompatibilidade materno-fetal por responder a clasificación a parámetros inmunitarios (antíxenos eritrocitarios), outros clasificadores sanguineos indirectos (o sistema secretor) non presentan incompatibilidade en certos casos.

Antropoloxía[editar | editar a fonte]

O uso de certos grupos de sangue vense usando dende hai tempo coma marcadores xenéticos para determinar características poboacionais. As anécdotas máis coñecidas son as do traballo de Luigi Luca Cavalli-Sforza, xenetista italiano que asociou a tipoloxía lingüística cos grupos xenéticos nas poboacións, ademais do famoso comentario de Xabier Arzalluz sobre a alta frecuencia do Rh negativo nos vascos (o cal por outro lado está demostrado que é certo, tanto para os poboadores de Euskadi coma tamén para os galegos).


Compatibilidade[editar | editar a fonte]

O doante de sangue e o receptor deben ter grupos compatibles. O grupo O- é compatible con todos, polo que quen teña dito grupo díse que é un doante universal. Pola outra banda, unha persoa que teña o grupo AB+ poderá recibir sangue de calquera grupo, e díse del que é un receptor universal.

Táboa de compatibilidade[editar | editar a fonte]

A táboa que segue indica as compatibilidades entre grupos sanguíneos. Por exemplo, unha persoa de grupo A- poderá recibir sangue O- ou A- e doar a AB+, AB-, A+ ou A-.

Receptor Doador
O-
O+
B-
B+
A-
A+
AB-
AB+
AB+
X
X
X
X
X
X
X
X
AB-
X
 
X
 
X
 
X
 
A+
X
X
   
X
X
   
A-
X
     
X
     
B+
X
X
X
X
       
B-
X
 
X
         
O+
X
X
           
O-
X
             

Frecuencia[editar | editar a fonte]

A distribución dos grupos sanguíneos na poboación humana non é uniforme. O máis común é O+, mentres que o máis infrecuente é AB-. Ademais, hai variacións na distribución nas distintas poboacións humanas.

Tipo Frecuencia
O+ 39%
A+ 33%
B+ 9%
O- 7%
A- 6%
AB+ 3%
B- 2%
AB- 1%