Shock
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
|
Clasificación do shock.
|
Hipovolémico
|
Cardioxénico
|
| Vasoxénico |
Un shock é unha síndrome clínica complexa e de múltiples causas, estado crítico no seo dunha enfermidade grave producida por unha redución do aporte de osíxeno aos tecidos, que determina lesión celular, inicialmente reversible, e se se prolonga, dano irreversible. O factor común: a insuficiencia do sistema circulatorio para manter a perfusión e función celular.
O mantemento da perfusión de órganos vitais é fundamental para sobrevivir, polo que a hipoperfusión tisular provoca fallo multiorgánico, caracterizado inicialmente por : taquicardia, diminución da tensión arterial e da diurese, xunto con confusión.
Aínda que existe outros grupos de clasificación do shock, o enfoque clásico clasificounos en tres grupos fundamentais:
- Hipovolémico
- Cardioxénico
- Vasoxénico
Causas do shock [editar]
- Hemorraxias: Prodúcese tras un 30% de perda de sangue.
- Queimaduras: Perda de líquidos por ausencia da pel.
- Fracturas múltiplas.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa medicina que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |