Ignacio Bolívar y Urrutia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ignacio Bolívar y Urrutia
Retrato de Ignacio Bolívar.jpg
Retrato de Bolívar de xaneiro de 1935.
Datos persoais
Nacemento 9 de novembro de 1850.
Lugar Madrid, España.
Falecemento 19 de novembro de 1944.
Lugar México, D.F., México.
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia España e México.
Nacionalidade Española.
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Entomoloxía e Bioloxía.
Alma mater Universidad Central de Madrid
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Medalla Echegaray (1928)
Doutorado honoris causa pola UNAM

[[Ficheiro:|centro|150px]]

Ignacio Bolívar y Urrutia, nado en Madrid o 9 de novembro de 1850 e finado en Ciudad de México o 19 de novembro de 1944, foi un naturalista e entomólogo español, investigador e impulsor do desenvolvemento da ciencia biolóxica.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito e doutorouse en Ciencias Naturais e en 1875 obtivo praza de profesor na Universidad Central de Madrid, onde foi designado catedrático de Entomoloxía en 1877. Vinculado ao krausismo, presidiu a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas de Madrid e a Real Sociedad Española de Historia Natural e foi membro da Real Academia Española (1930), da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (1944) e de diversas sociedades científicas de Europa e América. Tamén foi director do Museo de Ciencias Naturales e do Real Jardín Botánico de Madrid. Aos 89 años marchou ao exilio (en 1939) a México, xunto co seu fillo, tamén entomólogo, Cándido Luis Bolívar y Pieltáin. Nete país foi nomeado Doctor honoris causa pola Universidad Nacional Autónoma de México despois dunha extraordinaria labor académica e de colaboración científica que mantivo durante cinco años, o tempo que pasou dende a súa chegada ata o seu pasamento, á idade de 94 años.[2]

Consagrouse principalmente ao estudo da entomoloxía, na que acadou un gran prestixio internacional. Neste campo escribiu máis de 300 libros e monografías e descubriu máis de mil especies novas e uns 200 xéneros novos. Ademais, animou a adicarse á entomoloxía a grandes científicos como José María de la Fuente e Eugenio Morales Agacino.[3]

Fundou en México en 1940, con outros exiliados españois, a revista Ciencia, revista que é, a partir de 1980, o órgano oficial da Academia Mexicana de Ciencias. Tamén foi presidente da Unión de Profesores Universitarios Españoles en el Extranjero.[2] Entre as súa obras más importantes figuran: Ortópteros de España nuevos o poco conocidos (1873) e Catálogo sinóptico de los ortópteros de la fauna ibérica (1900).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gomis Blanco, A. Ignacio Bolívar y las ciencias naturales en España. CSIC, Madrid, (1988).
  2. 2,0 2,1 200 Mexicanos que nos Heredó el Mundo (Instituto Nacional de Migración/ Centro de estudios migratorios. ed.). Paralelo 21. 2010. pp. 259. ISBN 978 607 7891 02 4. ""Las 200 personalidades incluidas aquí destacaron por sus notables contribuciones a México. Todas ellas nacieron en el exterior y se arraigaron en el país por diversos motivos y razones....""
  3. Morales Agacino, Eugenio (2001). Memorias de un naturalista. Madrid: Organismo Autónomo de Parques Nacionales. pp. 276. ISBN 84-8014-302-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ignacio Bolívar y Urrutia

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]