Gonzalo Pintos Reino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Santiago de Compostela, España |
Morte | 18 de novembro de 1926 As Palmas de Gran Canaria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xuíz , escritor |
Gonzalo Pintos Reino, nado en Santiago de Compostela e finado nas Palmas de Gran Canaria o 18 de novembro de 1926, foi un xuíz e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de primeira instancia de Xinzo de Limia, Lalín, A Estrada (1898-1905),[1] e Noia. Despois foi nomeado Tenente fiscal da Audiencia de Lugo, presidente das audiencias provinciais de Pontevedra, da Coruña e despois da Audiencia Territorial de Las Palmas. Finou en Las Palmas o 18 de novembro de 1926.[2]
Obras[editar | editar a fonte]
- El Rey D. Pedro de Castilla. Vindicación de su reinado, 1929.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Antonia García García-Lozano, filla de Matías García Lozano e irmá de Luciano García García-Lozano, que finou en Compostela en 1960.[3]