Gong (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gong
Gong en 2009
OrixeParís, Francia
Período1967 - 1968
1969 - 1976
1977
1990
1992 - 2001
2003 - 2006
2007 - presente
Xénero(s)rock progresivo, space rock, rock psicodélico, jazz rock
Selo(s) discográfico(s)BYG Actuel, Charly, Musea, Snapper, Virgin
MembrosFabio Golfetti
Dave Sturt
Ian East
Kavus Torabi
Cheb Nettles
Na rede
planetgong.co.uk
Youtube: UC-eQ1YLIHEDZklYeXJyRdLg Spotify: 47yvARr7dCOKqvjDVwfbf3 Musicbrainz: 5927990e-34bb-493f-b5da-b7b28d43698f Songkick: 335858 Discogs: 10346 Allmusic: mn0000949619 Editar o valor em Wikidata

Gong é unha banda francesa de rock progresivo que incorpora elementos de jazz e space rock ao seu estilo musical.[1] O grupo foi fundado en París en 1967 polo músico australiano Daevid Allen e a vocalista inglesa Gilli Smyth. Pola banda pasaron músicos como Didier Malherbe, Pip Pyle, Steve Hillage, Mike Howlett, Pierre Moerlen, Bill Laswell, Theo Travis, Don Cherry,[2] Chris Cutler, Bill Bruford, Brian Davison, Dave Stewart e Tatsuya Yoshida.

O álbum de estrea de 1970 de Gong, Magick Brother, tiña un son de pop psicodélico.[3] No ano seguinte lanzaron Camembert Electrique, cun son rock psicodélico/space rock co que se adoita a asocialos.[4] Entre 1973 e 1974, Gong lanzou os seus mellores traballos, a alegórica triloxía Radio Gnome Invisible, que describía as aventuras de Zero the Hero, Good Witch Yoni e Pot Head Pixies do Planet Gong.

En 1975 Allen e Smyth deixaron a banda, que continuou sen eles lanzando unha serie de álbums de jazz rock baixo o liderado do batería Pierre Moerlen. Esta encarnación pasaría a coñecerse ao pouco tempo como Pierre Moerlen's Gong. Mentres tanto, Smyth formou Mother Gong mentres que Allen iniciou unha serie de grupos derivados, como Planet Gong, New York Gong e Gongmaison, antes de volver a liderar Gong en 1990 ata a súa morte en 2015. Co apoio de Allen, a banda decidiu continuar, lanzando o álbum Rejoice! I'm Dead! en setembro de 2016[5] e The Universe Also Collapses en maio de 2019.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Daevid Allen's Gong[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Magick Brother 1970 BYG Actuel
Camembert Electrique 1971 BYG Actuel
Continental Circus 1972 Philips Records banda sonora
Flying Teapot 1973 Virgin Records
Angel's Egg 1973 Virgin Records
You 1974 Virgin Records
Shapeshifter 1992 Celluloid Records, Lightyear Entertainment
Zero to Infinity 2000 One Eyed Salmon Records, Snapper Music
Acid Motherhood 2004 Mister E con Acid Mothers Temple
2032 2009 G-Wave
I See You 2014 Snapper Records

Post-Daevid Allen[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Rejoice! I'm Dead! 2016 Madfish
The Universe Also Collapses 2019 Kscope

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The silliness ran deep in Gong, but they could groove like mothers, too". the Guardian (en inglés). 2016-08-25. Consultado o 2022-12-24. 
  2. Lucky, Jerry. Progressive Rock. Burlington, Ontario: Collector's Guide Publishing, Inc., 2000. p.61
  3. "Gong - Magick Brother". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-24. 
  4. "Gong - Camembert Électrique". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-24. 
  5. "Rejoice! I'm Dead! (Deluxe Edition), by Gong". Kscope (en inglés). Consultado o 2022-12-25. 
  6. "The Universe Also Collapses, by Gong". Kscope (en inglés). Consultado o 2022-12-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]